A Deputación constitúe a súa Xunta de Goberno

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Este venres quedou constituída a nova Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, que se reunirá todos os venres ás 11:00 horas.
xunta de goberno local deputacion lugo
15 Jul 2023

Este venres quedou constituída a nova Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, que se reunirá todos os venres ás 11:00 horas, salvo que coincida con días festivos ou inhábiles. Este órgano está presidido polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e tamén o integran o vicepresidente, Efrén Castro, e os deputados e as deputadas Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Mayra García Bermúdez, Miguel Fernández Méndez, Xosé María Arias Fernández, Iván Castro Díaz e Daniel García Fernández.

A Xunta de Goberno aceptou exercer as competencias ás que fai referencia o artigo 59 do Regulamento Orgánico da Corporación Provincial. Algunhas das súas funcións son aprobar os proxectos de obras e servizos da súa competencia, adxudicar os contratos de contía superior á dos contratos menores, conceder subvencións ou aprobar convenios de colaboración, entre outras.

0.15942001342773