A Deputación convoca unha nova edición do programa Musiqueando

TerraChaXa | AMariñaXa
O Goberno da Deputación aprobou as bases da convocatoria para participar no Musiqueando, o programa dotado con 170.
ACTUACION GRUPO MUSICAL LUGO(1)
10 Feb 2019

O Goberno da Deputación aprobou as bases da convocatoria para participar no Musiqueando, o programa dotado con 170.000 euros, co que o Executivo Provincial promociona a música popular na provincia. O Musiqueando está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, que queiran participar neste programa a través de actuacións de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional, que teñan residencia na provincia de Lugo e que estean legalmente constituídas. As actuacións musicais que se celebraranse entre o 1 de abril ata o 20 de novembro 2019. Os beneficiarios poderán solicitar unha actuación por anualidade.
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto avanzou que “na pasada edición deste certame realizáronse 215 actuacións musicais por toda a provincia, nas que participaron 18 bandas, 29 corais e 65 grupos de música tradicional galega en 60 Concellos lucenses. Polo tanto estamos diante dunha programación, xa consolidada no panorama cultural, que contribúe a fomentar e a expandir a nosa cultura e as nosas tradicións”, resumiu.
Os grupos de música, Concellos, asociacións ou comisións que queiran participar no Musiqueando poden solicitalo ata o 1 de marzo. Na www.deputacionlugo.gal haberá habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20% restante, será achegado polos Concellos, asociacións ou comisións, que soliciten ditas actuacións.
Os Concellos e entidades que soliciten as actuacións deberán cumprir con diferentes medidas, como organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento, non facer ningunha modificación na actuación sen a autorización da Deputación, ou empregar o galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento.
Pola súa parte, as bandas e grupos musicais deberán facer actuacións cun máximo de duración de hora e media, podendo levarse a cabo nun único pase ou pola contra en dous pases de 45 minutos cada un, e non poderán facer ningunha modificación na actuación sen o permiso da Deputación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.092429161071777