A Deputación de Lugo apoia a XXIX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Guitiriz

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este domingo na XXIX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Guitiriz.
O evento, que organizou o Concello e a Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga, que conta cunha colaboración por parte da institución provincial, a través do Plan Único Deputación de case 7.000 euros.
Os veciños e veciñas que asistiron a esta cita puideron desfrutar do XXVI Certame de Cantería, a Mostra de Artesanía, así como múltiples actuacións musicais, degustacións e música, entre outras actividades.