A Deputación de Lugo inicia a rehabilitación integral da estrada entre Castro de Rei e Cospeito

LugoXa | TerraChaXa
A obra, cun investimento de case 135.000 euros, mellorará a seguridade e a mobilidade na LU-P-1104
Deputacion-Traballos-na-LU-P-1104
11 Aug 2025

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación do firme da totalidade da vía LU-P-1104, a estrada provincial que conecta Castro de Rei e Cospeito desde Portomuiño a Momán.

Esta actuación, que conta cun investimento da institución provincial de case 135.000 euros, estase a desenvolver desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 7,624.

As obras consisten na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e danos e na repavimentación do firme.

Con estes traballos, que contan cun prazo de execución de tres meses, melloraranse as condicións de seguridade viaria, a comodidade e os desprazamentos da veciñanza.

Trátasedunha importante actuación para os veciños e veciñas destes concellos da comarca da Terrá Chá, porque esta estrada articula o norte do Concello de Castro, dando servizo directo á veciñanza de varias parroquias e a diferentes explotacións agrogandeiras.

⚙ Configurar cookies
0.63592505455017