A Deputación de Lugo inicia os traballos de mellora da LU-P-1105

LugoXa | TerraChaXa
Esta estrada conecta Ponte de Outeiro co Cinto Comarcal en Castro de Rei
Traballos-LU-P-1105-Castro-de-Rei
6 Ago 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de mellora da LU-P-1105, que conecta Ponte de Outeiro co Cinto Comarcal en Castro de Rei.

Un proxecto no que a institución inviste preto de 130.000 euros para o acondicionamento do treito final da vía, entre os puntos quilométricos 3,365 e o 6,003. As obras comezaron coa limpeza das cunetas para mellora da drenaxe e continuarán coa pavimentación con aglomerado en quente e a reposición da sinalización.

O prazo de execución previsto é de menos de un mes. Trátase dunha actuación moi importante porque esta estrada dá servizo a varias casas e explotacións gandeiras, sirve de acceso a rutas de sendeirismo e é moi empregada pola veciñanza porque conecta a vía autonómica LU-120, no lugar da Ponte de Outeiro, co cinto comarcal (LU-P-1611) á altura da parroquia de Quintela.

0.2052218914032