A Deputación destaca no Fórum RIES o termalismo como “eixo fundamental” para a estratexia turística provincial

TerraChaXa
A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, inaugura un foro internacional sobre innovación en saúde que reúne a expertos de renome no balneario da vila
RIES Guitiriz 2024
14 Nov 2024

A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, inaugurou este xoves o Fórum RIES, un encontro anual centrado nos Retos Internacionais no Ecosistema de Saúde, que se celebra no balneario de Guitiriz. Na súa novena edición, o evento conta cunha achega de 6.000 euros da Deputación de Lugo e reúne a figuras destacadas da innovación e dos sistemas sanitarios a nivel internacional.

Morandeira destacou que tanto desde a Deputación de Lugo como dende o Concello de Guitiriz, se aposta por un modelo de turismo “respectuoso, sostible e atractivo durante todo o ano.” Subliñou ademais que o termalismo é unha das “xoias” da provincia e un “eixo fundamental” na estratexia turística para poñer en valor o territorio.

Ao longo da xornada, líderes do ámbito sanitario como Ignasi Belda, director da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial; o experto en demografía Michel Poulain; e Iria Rodríguez, responsable da Oficina do Dato do Sistema Nacional de Saúde, liderarán debates sobre temas de vangarda, como a medicina personalizada, a biomedicina, os coidados híbridos e o concepto de saúde circular.

0.17125391960144