A Deputación destina 20.000 euros ao Rácing Vilalbés

TerraChaXa
O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o presidente do Rácing Club Vilalbés, Francisco Ruiz Rey, informaron sobre a sinatura dun novo convenio de 20.
c24ed62f d652 4c35 bf94 07eb7f4dcfe9
27 Out 2018

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o presidente do Rácing Club Vilalbés, Francisco Ruiz Rey, informaron sobre a sinatura dun novo convenio de 20.000 euros co que a Deputación colabora nos custos de tempada 2018 e do que se beneficiarán máis de 200 rapaces.

A través deste novo acordo, asumiranse custos de funcionamento de arbitraxe, adestradores, transporte, gastos federativos, material ou manutención, que permitirá investir máis recursos nos 226 nenos e rapaces de entre 5 e 18 anos que integran os 14 equipos que forman o club nas diferentes categorías deportivas, entre xuvenil, cadetes, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón.

Santos Ramos subliñou que “trátase dunha nova colaboración coa que dende a Deputación reafirmamos o noso compromiso co deporte base lucense, a través dun dos equipos históricos xa non só da Terra Chá, senón de toda a provincia. Con esta nova axuda, o Racing Vilalbés poderá continuar crecendo e, polo tanto, fomentando o deporte entre os máis novos”.

“Dende a Deputación cremos que a formación, no só deportiva, tamén humana e en valores, dos nosos mozos e mozas, supón un dos desafíos máis apaixonantes que temos por diante no futuro inmediato. Non se trata só de deporte, falamos da cultura do esforzo, do compañeirismo e da solidariedade, de fomentar hábitos de vida saudable entre, e valores como o traballo en equipo, esforzo e superación”.

0.15984392166138