A Deputación destina 77.500 euros para rehabilitar a pista ao Víncalo

TerraChaXa
O vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, informou que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno investimentos de 1,4 millóns de euros máis da Deputación para mellorar dotacións e servizos públicos nos Concellos de Chantada, Lugo, Láncara, Cospeito e A Fonsagrada.
22 Feb 2019

En Cospeito achéganse 77.500 euros para rehabilitar a pista que vai ao Víncalo, moi importante por que une Santa Cristina de Roás e dá servizo Momán, Xustás ou Rubiños; a pavimentación da rúa Avenida Río Támoga, que conecta a LU-P-1716 e a LU-111 e é empregada por moitos veciños; así coma a dotación de varios puntos de luz LED nos núcleos de Teixeiro, Os Carballiños, Rúa Nova e Grandameá, na parroquia de Roas.

0.16707682609558