A Deputación fai unha achega ao Concello de Pol para a nova área de lecer e deportiva

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde de de Pol, Lino Rodríguez Ónega, asinaron este martes un convenio de colababoración a través do cal a institución provincial achegará 392.
118155121_4229250300479379_6869973446454140920_o
6 Out 2020

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde de de Pol, Lino Rodríguez Ónega, asinaron este martes un convenio de colababoración a través do cal a institución provincial achegará 392.000 euros, entre este ano e o 2021, para dotar de instalacións deportivas complementarias, accesos e iluminación á nova área deportiva e de lecer que o Concello está a construír na localidade de Mosteiro. 

Este novo investimento súmase aos 330.000 euros que a institución provincial xa aportou, a través doutros convenios e do Plan Único, a este proxecto que impulsa o Concello de Pol para crear unha gran área para o fomento do deporte nun terreo de 38.000 m², que inclúe un campo de fútbol de herba natural e unha área de xogos situadas preto do pavillón municipal, o colexio e a piscina.

A través do novo convenio, a Deputación de Lugo colabora na dotación a esta nova infraestrutura deportiva de titularidade municipal con vestiarios, sala de ximnasio, unha tribuna, focos e torres de luz, e tamén cunha nova vía independente que facilitará o acceso ás piscinas anexas á área deportiva. José Tomé subliñou que “con este investimento, ademais de dinamizar o emprego a través da obra pública, a Deputación contribúe a que a área de lecer e deportiva conte cos servizos necesarios para que se converta nun eixe dinamizador da localidade, tanto social, como económico, favorecendo o asentamento de poboación no rural”.

O alcalde de Pol, que agradeceu a nova colaboración da Deputación con esta infraestrutura pública deportiva, destacou que “Pol contará co primeiro campo de fútbol de titularidade municipal e dunha grande área de lecer con xogos e outros equipamentos que permitirá fomentar o deporte entre a veciñanza da localidade e da contorna e tamén dinamizar a economía do concello”.

O campo de fútbol contará cunhas dimensións de 105x68 metros de terreo de xogo, máis de 1,5 metros de bandas nos laterais e 2,5 metros nos fondos. A zona de xogos constará de pistas de billarda, bolos, petanca, pádel, xogos de mesa e unha tirolina. 

0.1348249912262