A Deputación financia máis de 135 actividades culturais e melloras en locais sociais

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación financia máis de 135 actividades culturais e melloras en locais sociais. Suman un importe de 200.000 euros.
Deputacion cultura axudas
26 Dec 2021

A área de Cultura ven de publicar a resolución definitiva das liñas de axuda a asociacións, cun importe total de 200.000 euros

A Deputación financia máis de 135 actividades culturais e de actuacións de mellora en locais sociais nas distintas comarcas a través axudas de concorrencia competitiva para asociacións. Así, publicouse no Boletín Oficial da Provincia a resolución definitiva da concesión das subvencións, que suman un importe de 200.000 euros. 

130.000 euros destínanse a financiar actividades desenvolvidas polos colectivos culturais, desde actividades de formación e difusión da música tradicional, certames literarios, xornadas divulgativas ou festivais ata publicacións e producións audiovisuais. 

71.000 euros distribúense entre os colectivos que solicitaron axudas para realizaren melloras nos seus locais sociais.

Así, a área de Cultura financia adquisición de mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou intrumentos musicais e tamén traballos de restauración e reforma ou de mellora do illamento térmico así como a instalación de sistemas de calefacción.

O equipo da Deputación sinalou que “as asociacións e colectivos reciben a través destas liñas de axuda un apoio económico que contribúe a manter a súa actividade, fundamental para garantir o acceso á cultura en todo o territorio”.

Nese sentido apuntaron que “a maioría das beneficiarias son asociacións de ámbito parroquial ou de municipios pequenos que ofrecen a posibilidade de desfrutar e de participar da actividade cultural máis aló das grandes vilas das distintas comarcas”

Tamén valoraron que “as asociacións aposten por propostas que involucran á veciñanza, non só como público, tamén como creadora” e concluíu que “a listaxe de beneficiarias devolve a imaxe dun rural dinámico, participativo no que a cultura debe ser un axente de desenvolvemento integral do territorio”. 

A resolución definitiva, coas cantidades asignadas a cada entidade, pode consultarse en  cultura.deputacionlugo.gal, no apartado Programas de Axudas, onde, ademais da listaxe de beneficiarias, figuran os formularios para xustificar as subvencións concedidas. As asociacións teñen ata o 31 de marzo para presentaren a documentación requerida.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17525506019592