A Deputación financiará a nova produción da meirense Gaitafilmes

TerraChaXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o representante da produtora meirense Gaitafilmes, Andrés González Tella, asinaron un convenio polo cal a institución provincial axudará a financiar a longametraxe documental Welcome to ma maison, de Andrés Goteira.
020220 Sinatura convenio Gaitafilmes
3 Feb 2020

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o representante da produtora meirense Gaitafilmes, Andrés González Tella, asinaron un convenio polo cal a institución provincial axudará a financiar a longametraxe documental Welcome to ma maison, de Andrés Goteira. A Deputación achegará 30.000 euros, repartidos en dúas anualidades, para o filme, que narra as desventuras dun actor obsesionado coa filmografía do director dinamarqués Nicolas Winding Refn e que decide afastarse do mundo da interpretación por un tempo.

Tras o éxito do seu debut con Dhogs, Gaitafilmes está a producir o segundo traballo de Andrés Goteira, un director e guionista nado en Meira. Dhogs foi o primeiro filme rodado en galego estreado no festival de Sitges do 2017. Ese mesmo ano, gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo.

0.21016907691956