A Deputación firma un convenio coa fundación polense para impulsar o supermercado municipal

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Servirá para adquirir o equipamento necesario para poñer en marcha este establecemento
besteiro-supermercado-pol
21 Jun 2025

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres un convenio de colaboración coa Fundación Terras de Pol, dotado con 200.000 euros, para a posta en marcha dun supermercado neste municipio.

O único establecemento que había na localidade, explicou García Porto, pechou pola xubilación dos seus propietarios e “grazas a esta achega facemos posible que os veciños e veciñas do concello conten novamente cun servizo básico e esencial coma este sen necesidade de desprazarse a outros concellos para mercar”.

O convenio servirá para adquirir o equipamento necesario para poñer en marcha este establecemento: cámaras de frío, conxeladores, estantes, mesas e caixas de cobro, seguridade e control ou portas e persianas automatizadas. Pero ademais, o acordo tamén inclúe os gastos de salario e seguridade social do persoal durante un ano.

⚙ Configurar cookies
0.16722416877747