A Deputación formará en linguaxe de signos ao persoal dos concellos e da institución provincial

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Esta formación aumentará as capacidades dos empregados públicos para prestar unha atención á cidadanía máis inclusiva e igualitaria.
manifestacion asorlu deputacion
27 Sep 2021

A Deputación de Lugo impartirá formación en linguaxe de signos para o persoal dos concellos e da propia institución provincial co obxectivo de mellorar a atención á cidadanía e presentar un servizo máis inclusivo e igualitario. Unha medida que anunciou a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, na andaina que organizou Asorlu esta fin de semana pola Muralla de Lugo para reclamar unha inclusión real das persoas xordas no ámbito educativo.

“Queremos que as persoas con discapacidade auditiva sexan atendidas en igualdade de condicións que calquera cidadán e que sexan totalmente independentes, acceder en igualdade de condicións a actos, actividades e servizos imprescindibles como a sanidade, os servizos sociais, a educación, o traballo ou a cultura”, explica a Deputada. Esta formación servirá para aumentar as capacidades do cadro de persoal para establecer unha comunicación fluída con persoas xordas e polo tanto prestar un mellor servizo público.

A Deputación de Lugo ten un convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Lugo (Asorlu) por un importe de 23.000€. A achega da institución axuda á Asorlu para a contratación dunha intérprete de lingua de signos a xornada completa -40 horas semanais- durante o ano 2021.

Asorlu naceu no ano 1975 co fin de mellorar a calidade de vida das persoas xordas e reivindicar os seus dereitos sendo partícipes na sociedade en igualdade de condicións que o resto de persoas. Esta é a única entidade da provincia que presta servizos integrais de atención social e orientación laboral ás persoas xordas de maneira individual e persoal. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10927319526672