A Deputación inicia en Vilalba a rexeneración de varias vías do rural

TerraChaXa
Na actualidade a maquinaria xa se atopa traballando en varias pistas da parroquia de Ladra e de Lanzós.
obras estradas deputacion vilalba
2 May 2024

Na actualidade a maquinaria xa se atopa traballando en varias pistas da parroquia de Ladra e de Lanzós.

A Deputación de Lugo trasladou esta semana ao Concello de Vilalba dous equipos de maquinaria do seu parque móbil para dar comezo á rexeneración e acondicionamento de varias vías da capital chairega.

A presenza de ditos equipos no Concello, dedicados á apertura, acondicionamento e reposición puntual do firme de pistas e cunetas, foi acordada previamente nunha reunión entre a rexedora vilalbesa e o presidente da Deputación de Lugo. Sendo o principal obxectivo da alcaldesa, Marta Rouco, acadar importantes compromisos para mellorar o desenvolvemento das condicións de vida dos habitantes do rural vilalbés.

Nesta liña, o parque móbil da Deputación de Lugo comezou os seus labores en Vilalba esta mesma semana desprazándose, por unha banda, ata a parroquia de Ladra, onde un equipo traballa na rexeneración do firme de varias pistas da contorna da igrexa. Un segundo equipo desprazouse á parroquia de Lanzós, onde xa está realizando a apertura de cunetas e a oportuna reposición da capa de rodadura da pista de terra que une o barrio de Ferreira co marco das catro aldeas.

"Grazas á disposición destes equipos poderemos levar a cabo certos traballos de rexeneración en numerosos viais do rural. Traballos que sen a colaboración institucional, neste caso, da Alcaldía do Concello e da Presidencia da Deputación Provincial, non serían posibles" sinalou a alcaldesa Marta Rouco, quen ademais salientou "a importancia de realizar este tipo de traballos de cara a minimizar o deterioro constante das vías de comunicación nas parroquias”.

Así pois, co obxectivo de atender ás necesidades máis demandadas polos veciños e veciñas do rural, os equipos de vías e obras cedidos pola Deputación de Lugo iranse desprazando a outrras parroquias para proceder ao arranxo e acondicionamento das vías rurais.

“Somos conscientes de que esta axuda terá unha limitación no tempo, aínda así seguirémonos achegando ás parroquias para priorizar as distintas actuacións xa demandadas polos veciños e veciñas e deste xeito poder establecer o oportuno plan de traballo no tempo”, explicou a rexedora, Marta Rouco.

OUTROS ACORDOS

Tal e como se informou en datas anteriores, a alcaldía de Vilalba tamén logrou outros acordos coa Deputación de Lugo na reunión mantida co seu presidente, José Tomé. Concretamente, Marta Rouco acadou o compromiso de colaboración do ente provincial para que o Concello de Vilalba poida facer fronte ás subvencións nominativas das comisións de festas das parroquias, que este ano se darán tal e como se viña facendo sempre.

Neste sentido, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, explicou que se trataba de “axudas moi importantes que sempre se deron e que mentres eu estea na alcaldía traballarei para que se sigan concedendo, porque manter vivas as nosas tradicións e as festas patronais das nosas parroquias é fundamental para dinamizar o noso concello”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13571214675903