A Deputación inicia obras de mellora nun treito da vía que une Guntín e Friol

LugoXa | TerraChaXa
A actuación inclúe a reapertura de cunetas, e pavimentación do firme no tramo que comprende dende o quilómetro 13,910 ao 14,710 da LU-P-2405
obras-LU-P--2405-en-Friol-guntin
3 sep 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora dun treito da estrada provincial LU-P-2405, que conecta os concellos de Guntín e Friol, cun investimento de máis de 26.000€. Os traballos, que está a levar a cabo a empresa Construcciones Carballeira SL, afectan ao final desta estrada provincial, concretamente entre os puntos quilométricos 13,910 ao 14,710.

As obras, cun prazo de execución dun mes, inclúen a reapertura de cunetas, a reparación de afundimentos e outros desperfectos, así como a repavimentación da estrada.

Trátase dunha actuación importante que mellorará a comunicación por esta vía no municipio friolés. Ademais, esta estrada dá servizo a rutas de sendeirismo de gran interese, como a de San Román da Retorta, o que incrementa o seu valor non só como vía de comunicación, senón tamén como acceso a recursos turísticos e naturais da zona.

0.11884880065918