A Deputación inicia os traballos de desbroce en 4.200 quilómetros de estradas

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Destina en torno a 1,5 millóns de euros a estes traballos, que desenvolve de maneira simultánea nas 24 zonas
desbroces-deputaciocn-cospeito
2 Jun 2025

A Deputación de Lugo comezou este luns, 2 de xuño, os traballos de desbroce nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais. A institución provincial destina este ano en torno a 1,5 millóns de euros a estas tarefas que arrancan de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividido o contrato da súa rede viaria para levalo a cabo dun xeito máis eficiente.

As rozas terán un prazo de execución dun máximo de mes e medio, polo que está previsto que a mediados de xullo estean rozadas as estradas provinciais nos 67 concellos. Unhas tarefas coas que a Deputación mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán.

As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes:

Un 21 % dos fondos para mobilidade

A mellora da mobilidade centra outro dos grandes piares dos Orzamentos este ano 2025, e por iso o Goberno provincial destina ás estradas máis do 21 % do total. A Deputación incrementou, ata os 27,31 millóns de euros as partidas de obra nova, conservación, desbroce e actuacións do Parque Móbil, o que representa unha suba destes apartados en máis dun 42 % respecto ao 2024, cando a institución destinou 19,4 millóns de euros. O dobre do investimento que no 2019, cando as partidas para estradas sumaban algo máis de 14 millóns.

⚙ Configurar cookies
0.16849803924561