A Deputación instalará 97 marquesiñas nos concellos da provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
A Deputación instalará 97 marquesiñas nos concellos na rede viaria provincial para este ano 2020 con orzamento de 325.400 euros
13 Nov 2020

A Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación do programa de dotación de 97 marquesiñas na rede viaria provincial para este ano 2020. Destínanse 325.400 euros na instalación destas estruturas en estradas provinciais dos 67 concellos da provincia. Co fin de garantir unha adecuada integración no entorno, e tendo en conta as características das marquesiñas instaladas en anos anteriores, serán de madeira maciza tratada en autoclave. Contarán cun banco e serán pechadas polos laterais con cristal para que permitan a visión e, á vez, protexan ante as incidencias meteorolóxicas.

“Cada concello terá un mínimo dunha marquesiña e as restantes repártense en función de criterios obxectivos, como o número de quilómetros de vías provinciais que pasan por cada municipio.

A Deputación de Lugo comezou no ano 2011 a renovar as marquesiñas das estradas provinciais para substituír as existentes, que tiñan máis de 20 anos. Dende ese momento, instaláronse 332 novas marquesiñas en toda a rede provincial a través deste plan, que se desenvolve a institución provincial en cooperación cos concellos.

Peche do campo de fútbol de Lourenzá

A Xunta de Goberno deulle o visto bo a unha solicitude do Concello de Lourenzá para investir 53.600€ dos remanentes dun convenio de colaboración que tiña como finalidade o acondicionamento dun campo de fútbol de adestramento na localidade. Con esta cantidade, o Concello mellorará os accesos e pechará estas instalacións.

Póliza de seguros de accidentes

Visto bo para a licitación do contrato dunha póliza de seguros de accidentes por 105.000€ para dous anos. O obxectivo é dar asistencia a todas as persoas que participen nas actividades e cursos organizados pola Deputación de Lugo e tamén para dar cobertura aos usuarios e usuarias dos Centros de Atención a Maiores.

Outro dos contratos adxudicados foi o relativa aos servizos de comunicación da institución provincial por un importe de 930.000€ a Telefónica. A través deste contrato mantense a de rede de conexión, tanto telefónica como de Internet, de todas as dependencias da Deputación.

0.20602703094482