A Deputación investirá na mellora de dúas estradas de Sarria e Vilalba

TerraChaXa | SarriaXa
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación de dúas novas obras en estradas provinciais, neste caso ao seu paso polos concellos de Sarria e de Vilalba cun investimento conxunto de máis de 200.
11 May 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación de dúas novas obras en estradas provinciais, neste caso ao seu paso polos concellos de Sarria e de Vilalba cun investimento conxunto de máis de 200.000 euros. Así o informou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen concretou que este paso adiante responde á liña de traballo do Executivo, “que ten como un dos obxectivos prioritarios mellor a mobilidade no conxunto da provincia”.

No caso de Sarria, a Deputación vai mellorar a LU-P-5713, que une Sarria con Piñeira, cun orzamento de máis de 113.000 euros. Vanse arranxar os dous primeiros quilómetros dende o inicio da vía, cun prazo de execución de 3 meses. No caso de Vilalba, a institución renovará a LU-P-6516, que une Piño con Rilleira polo Outeiro, entre os quilómetros 0 e 4,3, cun orzamento de licitación de preto de 91.000 euros. O prazo de execución é de 2 meses. Nos dous casos, as obras consisten na reapertura de cunetas, a limpeza da drenaxe, a pavimentación e a sinalización vertical.

0.14541482925415