A Deputación investirá un millón de euros en rozas nas estradas da provincia

TerraChaXa
O Goberno da Deputación de Lugo achega 1 millón de euros ao proxecto de contratación do Plan de roza que ten en marcha o Executivo Provincial, que este ano incrementa o seu orzamento en 200.
10 Mar 2018

O Goberno da Deputación de Lugo achega 1 millón de euros ao proxecto de contratación do Plan de roza que ten en marcha o Executivo Provincial, que este ano incrementa o seu orzamento en 200.000 euros. O BOP recolle o anuncio de recepción de documentación para todos aqueles interesados en participar neste Plan e o prazo estará aberto ata o 2 de abril. A rede viaria provincial de Lugo é a máis extensa de España ao superar os 4.300 quilómetros.

O Vicepresidente, Manuel Martínez, explicou que para a adxudicación e execución da roza dividiuse a rede viaria en 24 zonas para favorecer a contratación dun maior número de autónomos e Pemes da provincia. “Este plan, cumpre un dobre obxectivo, xa que por unha banda melloramos as estradas provinciais e ao mesmo tempo contribuímos a dinamizar a economía e xerar emprego coa contratación de moitos pequenos autónomos que traballan neste sector”, sinalou.

24 zonas de actuación

Debido á dificultade que conlevan estes traballos, tendo en conta que a maioría das estradas non sobrepasan os 5 metros de ancho e teñen cunetas cun grande desnivel, decidiuse facer unha división en 24 zonas de actuación completamente diferenciadas, co fin de adecuar os traballos ás necesidades de cada unha delas. Os concellos da Terra Chá inclúense en varias zonas:

  • Zona 1: Vicedo, Viveiro, Xove, Xermade e Ourol cun investimento de 55.791 euros
  • Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba cun investimento de 55.925 euros
  • Zona 5: Mondoñedo e Abadín cun investimento de 29.438 euros
  • Zona 6: A Pontenova, Riotorto e Pastoriza cun investimento de 49.493 euros
  • Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte cun investimento de 44.462 euros
  • Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira cun investimento de 39.152 euros
  • Zona 11: Friol cun investimento de 30.269 euros

 

0.11797404289246