A Deputación inviste 155.000 euros en Viveiro en turismo e servizos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 Out 2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un convenio de colaboración entre o organismo provincial e o Concello de Viveiro coa finalidade de emprender accións conxuntas que melloren a localidade. A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, sinalou que “a Deputación fará unha achega de 155.000 euros e a administración local de 18.074 euros, co obxectivo de impulsar o turismo e renovar os servizos municipais”.

Este convenio inclúe dúas liñas de traballo. “Na liña 1 recóllense actividades culturais, festivas, deportivas e turísticas, como son o caso do Entroido, os Maios, a romaría do Naseiro, as Festas do Nadal e a Rapa das Bestas de Candaoso, datas nas que se van investir 95.000 euros”, explicou García Porto. 

Con respecto á liña 2, as actuacións van destinadas á mellora dos servizos  e infraestruturas municipais. “En concreto son adquisición de dispositivos de fichaxe dos traballadores, elementos de sinalización para reforzar a seguridade do tráfico municipal, vehículo municipais, un terreo para consolidar o muro do cemiterio, 19 láminas solares para os ventanais da piscina municipal, adquisición de elementos para a suxeición dos contedores de lixo e diferente maquinaria de xardinería”, puntualizou. Ademais,  contémplase a elaboración dun vídeo promocional do Concello de Viveiro.  

0.11217498779297