A Deputación inviste en estradas de Riotorto

TerraChaXa
O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno o inicio da contratación de obras por valor de 1 millón de euros para mellorar 15 quilómetros de 5 estradas en outros tantos municipios da provincia.
27 Xan 2019

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno o inicio da contratación de obras por valor de 1 millón de euros para mellorar 15 quilómetros de 5 estradas en outros tantos municipios da provincia. Son actuacións nos Concellos de Baleira, Riotorto, Antas de Ulla, Guitiriz e Friol, e das que se beneficiarán milleiros de veciños pois son vías estratéxicas tanto a nivel municipal, como provincial. Cómpre subliñar que os traballos poderán arrancar, logo de seren adxudicados, cando a situación meteorolóxica o permita xa que, con choiva, non se poden iniciar.
Así, en Riotorto, acondicionaranse 2 quilómetros da LU-P-2801 que comunica Riotorto con Lourenzá por Augaxosa, con 140.000 euros. Trátase do derradeiro treito desta estrada, que vai do punto 8,2 e 10,2, que quedaba por mellorar desta vía. A través destas actuacións, mellorarase o día a día de máis de 3.500 veciños da Mariña, dos Concellos de Riotorto e de Lourenzá, xa que é unha das vías de acceso a estes dous núcleos mariñáns.
 

0.1474449634552