A Deputación inviste en obras en estradas da Pastoriza e Friol

TerraChaXa
O Goberno da Deputación inviste outros 1,1 millóns de euros na mellora de 13,5 quilómetros de 5 estradas provinciais ao seu paso polos Concellos da Pastoriza, Friol e Láncara.
14 Jun 2018

O Goberno da Deputación inviste outros 1,1 millóns de euros na mellora de 13,5 quilómetros de 5 estradas provinciais ao seu paso polos Concellos da Pastoriza, Friol e Láncara. Campos Conde explicou que o Executivo aprobará mañá na Xunta de Goberno a contratación das seguintes obras:

- Na Pastoriza, 5,5 quilómetros de dúas estradas con 248.219,80 euros. Na LU-P-1106  de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindín, actuarase no treito entre os puntos quilométricos 13 e 16,9. Na LU-P-4402, da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo, mellorarase o treito entre os puntos quilométricos 1,7 e 3,4.

- En Friol, 5,3 quilómetros de 2 estradas con 383.499 euros. Na LU-P-2118, de Guimarei (LU-P-1611) a Vilamaior de Negral (LU-P-2901, acondicionarase o treito entre os puntos 0 e 4,4; e na estrada LU-P-1611, do Cinturón Comarcal, acondicionarase o treito entre os puntos quilométricos 46,8 e 47,7.

- En Láncara, 2,7 quilómetros con 505.550 euros para a estrada LU-P-2703, que vai de Pobra de San Xiao (LU-614) a Carracedo (LU-622), para acondicionar entre os puntos quilométricos 6,1 e 8,8.

0.17140603065491