A Deputación inviste en Riotorto 9.345 euros co plan Ilumin@

TerraChaXa | AMariñaXa
O Grupo Socialista de Riotorto avanza que o Plan Ilumin@ investirá en Riotorto 9.345 euros para mellorar a eficiencia enerxética do concello.
farolas led alumeado
17 Feb 2021

O Grupo Socialista de Riotorto avanza que o Plan Ilumin@, posto en marcha pola Deputación de Lugo, investirá en Riotorto 9.345 euros para mellorar a eficiencia enerxética do concello.

Concretamente, a través deste proxecto, instalaranse 52 luminarias LED de 30w, distribuídas en catro núcleos que son os de Ferrería, Chacin, Val e Souto do Val. Ademais con cargo a este investimento tamén se realizarán melloras nos cadros eléctricos destes núcleos.

José García sinalou que con estas novas luminarias “melloraremos a calidade do noso alumeado, e tamén aforraremos na factura, xa que estas novas dotacións contribúen reducir a facturación eléctrica das nosas instalacións municipais”. Por iso, agradeceu o compromiso da Deputación que preside o socialista José Tomé Roca, xa que unha vez máis amosa o seu compromiso co noso Concello”.

Hai que lembrar que o Plan Ilumin@ está dotado con 723.000€, dos que o 80% son fondos europeos que a Deputación conseguiu a través do IDAE (Instituto de Desenvolvemento de Aforro Enerxético), un organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica.

0.19732713699341