A Deputación inviste en varias estradas que afectan aos concellos de Lugo, Castro de Rei, Outeiro de Rei e Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Os traballos inclúen tamén reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización, beneficiando o acceso a equipamentos e espazos públicos
parque-mobil-deputacion
2 Jan 2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos de case 211.00 euros para seguir mellorando a mobilidade e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia. Estas actuacións permitirán renovar e acondicionar vías provinciais nos concellos de Lugo, Castro de Rei e Outeiro de Rei.

En canto as estradas provinciais, adxudicáronse os traballos de acondicionamento nos tres primeiros quilómetros da estrada LU-P-2902, que une Lugo con Ponte de Ombreiro, por un importe de case 211.000 euros a cargo de Explotaciones Gallegas SL. O tramo comprendido entre o inicio da vía e a estación potabilizadora de augas será obxecto de reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal, mellorando a conexión entre a zona das Saamasas e a parroquia de Ombreiro.

Entre Castro de Rei e Outeiro de Rei, a estrada LU-P-1107, que conecta Castro con Rábade, será acondicionada nun tramo de preto de nove quilómetros cun investimento de 163.600 euros, a cargo de Construcciones Carballeira SL. Os traballos inclúen tamén reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización, beneficiando o acceso a equipamentos e espazos públicos como a Casa das Insuas.

Por outra banda, en materia de convenios a Deputación acordou destinar 23.900€ á Asociación Penitenciaria Concepción Arenal para desenvolver un programa de reinserción laboral baixo o título Preparando liberdades: programa de apoio á reinserción social de persoas con trastorno por consumo de sustancias, que busca a reinserción social e laboral de persoas con trastorno por consumo de substancias nos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso. O obxectivo é manter a abstinencia, mellorar o benestar persoal e preparar aos participantes para a súa integración social tras a saída da prisión.

Finalmente, a Deputación investirá máis de 600.000 euros na renovación da maquinaria do Parque Móbil para mellorar o mantemento das vías municipais en toda a provincia. Adxudicáronse unha pala de cadeas tipo Bulldozer con coitela frontal e ripper, así como dúas retrocargadoras novas, con prazo de entrega de 30 días. O contrato tamén inclúe a retirada de dúas palas cargadoras antigas. Esta actualización permitirá optimizar as obras de rehabilitación de estradas e facilitar os traballos en terreos complexos.

 

⚙ Configurar cookies
0.079739093780518