A Deputación inviste na mellora a estrada de Xove ao Portiño de Morás

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O presidente da Deputación, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, informa de que acaban de comezar os traballos de mellora do firme da estrada provincial LU-P-2601, no concello de Xove.
117597742_3288486941216317_1492195244414948401_n
30 Abr 2020

O presidente da Deputación, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, informa de que acaban de comezar os traballos de mellora do firme da estrada provincial LU-P-2601, no concello de Xove. Unha actuación na que a institución provincial inviste máis de 270.000 euros.

Esta vía que se vai acondicionar conecta o núcleo desta localidade mariñá co Portiño de Morás. As actuacións afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. “Son uns traballos laboriosos porque se vai ampliar o ancho  da plataforma, o que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Tamén se vai drenar e afirmar as zonas ensanchadas e posteriormente pavimentarase a calzada con aglomerado en quente”, subliña o Presidente.

Estes traballos teñen un prazo de execución estimado de 6 meses, pero agárdase que poidan quedar rematados despois dos meses do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

José Tomé explica que “o regreso ao traballo do sector da construción permítenos contribuír á dinamización da economía provincial, ao mantemento do emprego e á creación de riqueza nesta situación de excepcionalidade derivada do estado de alarma”. Engade que “con estas obras materializamos un dos principais obxectivos da Deputación, como é mellorar as comunicacións viarias, que son necesarias para verdadeiramente garantir a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza da provincia de Lugo”.

 

0.080277919769287