A Deputación inviste na mellora da estrada da Pastoriza a Muimenta
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou unha nova actuación para continuar avanzando na mellora da rede de estradas provincial, un obxectivo prioritario para o Goberno, tal e como destacou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
En concreto, acordouse licitar obras para a renovación dos 11 quilómetros da LU-P-4401, a estrada provincial que comunica A Pastoriza e Muimenta, ás que a institución destina un investimento de máis de 362.000€.
“Trátase dunha actuación moi importante e moi reclamada polos veciños e veciños porque esta vía dá servizo aos concellos da Pastoriza, Cospeito e Castro de Rei”, subliñou Pablo Rivera.
As actuacións nesta estrada provincial consistirán na rexeneración do aglomerado por tramos e na reposición da pintura da vía.