A Deputación licita a prestación dos servizos das residencias de Pol e da Fonsagrada

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Deputación licita o contrato para a prestación dos servizos básicos das residencias de Pol e da Fonsagrada por 1,4 millóns de euros.
maiores residencia pol
5 Mar 2022

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do contrato para a prestación dos servizos básicos nos centros de atención a maiores de Pol e da Fonsagrada por un importe conxunto que supera os 1,4M€. Así o explicou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, que detallou que no caso de Pol o importe ascende a 750.780€, e para A Fonsagrada é de 653.820€. 

García Porto explicou que cada un deste contrato, que inclúa os servizos de cociña, limpeza e asistencia, terá unha duración dun ano, dende xuño deste 2022 a xuño de 2023, coa opción de tres prórrogas anuais.

A Deputación aproba esta nova licitación para a prestación de servizos básicos nos centros de maiores de Pol e da Fonsagrada porque neste 2022 conclúe a vixencia do contrato que está en vigor.

O Centro de Atención a Maiores de Pol leva funcionando dende o ano 2019, e o da Fonsagrada, dende principios do ano 2020.

A Xunta de Goberno da semana anterior tamén lle deu o visto bo á licitación doutro contrato para a prestación destes mesmos servizos nos centros da Deputación en Trabada e Ribadeo por algo máis de 1,5M€. “Polo tanto, nesta última semana sacamos adiante contratos por preto de 3M€ para ofrecer unha atención digna e de calidade ás persoas que viven nos centros de atención a persoas maiores da Deputación”.

OUTROS CONTRATOS

Por outra banda, á marxe destes contratos para os Centros de Maiores, a Xunta de Goberno deste venres aprobou a adxudicación do contrato para a prestación dun servizo veterinario clínico para a Granxa Gayoso Castro por importe máximo anual de 38.759 euros.  Trátase dun servizo de urxencias 24 horas para atender aos animais desta granxa que a Deputación ten en Castro de Ribeiras de Lea. O contrato é por un ano, con opción a dúas prórrogas de un ano cada unha delas.

Tamén quedou aprobada a adxudicación do contrato de subministración de mobiliario para diferentes servizos da Deputación por un importe de 75.400€. A empresa adxudicataria é de Lugo e chámase Instalaciones y Mobiliario Comercial Mendoza SL.

Por outra banda, quedou aprobada a adxudicación do contrato de renovación de licenzas de software antivirus para os equipos dos postos de traballo da Deputación por 21.000 euros e unha duración de dous anos.

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do encargo á empresa pública Tragsa, medio propio da Deputación, da prestación do servizo de limpeza dos edificios e dependencias da institución provincial, por un período de tres meses, ou ata que se formalice un novo contrato, por un importe de 230.000 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.08183479309082