A Deputación licita obras en tramos da estrada LU-P-4404 en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Investirá na rehabilitación de tres quilómetros do firme da estrada que conecta Riocabo e As Rodrigas
dep-Xunta-de-Goberno
28 Dec 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a licitación das obras de dous
proxectos que afectarán a diferentes tramos da estrada LU-P-4404 en Riotorto.

Así, a Deputación investirá 194.126,22 euros na rehabilitación de tres quilómetros
do firme da estrada que conecta Riocabo e As Rodrigas, nun tramo que vai desde o quilómetro 15 ao 18,03.

Os traballos consistirán na drenaxe mediante a reapertura e mellora das cunetas,
pavimentación con aglomerado en quente, o pintado da vía mediante marcas reflexivas
brancas e reposición da sinalización vertical. O prazo de execución será de dous meses desde o inicio dos traballos.

0.15974688529968