A Deputación mellora a estrada que discorre polo núcleo urbano de Xermade

TerraChaXa
A Deputación de Lugo ultima estes días os traballos de renovación do asfalto dun tramo da LU-P-2201 ao seu paso polo núcleo urbano de Xermade, un proxecto no que a institución provincial inviste máis de 130.
obras xermade deputacion
7 Ago 2023

A Deputación de Lugo ultima estes días os traballos de renovación do asfalto dun tramo da LU-P-2201 ao seu paso polo núcleo urbano de Xermade, un proxecto no que a institución provincial inviste máis de 130.000€.

Trátase dunha vía provincial moi importante para a veciñanza de Xermade, porque conecta as parroquias de Candamil e Pedrón, pero tamén ten moita relevancia para as comunicacións da Terra Cha porque é a que dá acceso ao municipio desde Vilalba.

Finalizada a limpeza de laterais, as obras de drenaxe e a pavimentación co estendido do aglomerado en quente, o proxecto quedará completado coa sinalización horizontal da calzada co pintado da vía mediante marcas reflexivas brancas.

Con esta actuación, a Deputación suma preto de 2M€ de investimento desde o ano 2019 nas estradas do concello de Xermade. Ademais dos traballos na LU-P-2201, a institución provincial acondicionou estes anos a práctica totalidade da estrada LU-P-2204, de Momán ás Pontes, unha vía estratéxica porque vertebra esta parte da provincia. Queda un último tramo, xa adxudicado entre os puntos quilométricos 8,340 e o 9,802, para completar a renovación desta estrada provincial.

0.19361710548401