A Deputación mellora o acceso en nove parroquias de Abadín

TerraChaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o Goberno da Deputación acondicionará con 130.
1 2
20 Dec 2018

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o Goberno da Deputación acondicionará con 130.000 euros accesos públicos a 9 parroquias do Concello de Abadín, que mellorarán o día a día duns 900 veciños. Así o avanzou nun encontro co alcalde de Abadín, José María López Rancaño.  As actuacións realizaranse en Quende, Labrada, Cabaneiro, Abeledo, Corvite, Baroncelle, Moncelos, A Graña e Vilarente.

O Presidente remarcou que con estes traballos “melloramos a seguridade viaria e o trafico nestes núcleos do rural lugués, e ao mesmo tempo acondicionamos o acceso ás vivendas, así como as masas forestais e as zonas gandeiras, para todos os veciños desta vila poidan vivir dun xeito digno”.

Campos Conde sinalou que dende o Goberno da Deputación “traballamos apoiando iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas e das explotacións do rural da nosa provincia. Continuamos apostando polo noso sector primario pois é unha oportunidade unica para xerar emprego e crear riqueza na nosa provincia”, resumiu.

Neste senso, o Titular Provincial destacou que o Goberno da Deputación xa acondicionou accesos en Torre, Samordás e Asperón, Pumariño, Bouza de Medas, Toxeiro, Outeiro, Cabo De Vila, Casavella, Castiñeira, Butarreira, Cornello, Fonte do Mouro, a Graña, Gaúte, Vilar de Gaúte, Capuchisos, A Espiñarcao, Xunqueira, Espiñarcao, o que supuxo un investimento da Deputación de de preto de 300.000 euros.

0.18641209602356