A Deputación mellora sete quilómetros de viais na Pastoriza e Riotorto

TerraChaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, supervisaron este mércores os traballos de mellora da LU-P-4402, que vai da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo, na que se están a executar obras de renovación do firme nun treito de 5,6 quilómetros, dende o punto 3,4 ata o 7,3 en Riotorto, e do punto 1,7 ao 3,4 na Pastoriza.
CARRETERA DE RIOTORTO DEPUTACION2
24 Ago 2018

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, supervisaron este mércores os traballos de mellora da LU-P-4402, que vai da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo, na que se están a executar obras de renovación do firme nun treito de 5,6 quilómetros, dende o punto 3,4 ata o 7,3 en Riotorto, e do punto 1,7 ao 3,4 na Pastoriza.

Onte mesmo, Campos Conde, e o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias supervisaron as obras de mellora no treito da estrada que transcorre por este Concello. Ademais, aproveitaron para coñecer de primeira man o estado da estrada LU-P-1106, ao seu por Xemil, onde o elevado volume de tráfico, debido aos traballos dunha canteira situada neste núcleo, provocaron un importante deterioro do firme.

Nesta mesma estrada, que vai de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindín, o Executivo Provincial vai a executar traballos nun treito de 1,7 quilómetros, dende o punto 13 ata o 16,9. En total, o Goberno da Deputación destina preto de 265.000 euros, para o arranxo da LU-P-4402 e a LU-P-1106.

Campos Conde avanzou que “tras finalizar a limpeza de cunetas, esta mesma semana comezarán os traballos de rehabilitación do firme, empregando aglomerado en quente, e dotando as estradas dun novo pavimento. Unha vez renovada a capa de rodaxe, procederase ao pintado da vía e, polo tanto, á renovación da sinalización horizontal e vertical, mellorando ao mesmo tempo a seguridade vial”.

O presidente engadiu que “son dúas estradas fundamentais para os veciños desta Comarca, non en vano a LU-P-4402 une os Concellos da Pastoriza e Riotorto, mentres que a LU-P-1106 conecta algunha das parroquias máis importantes da Pastoriza como son as de Bretoña, Reigosa, Úbeda, Vián e o Lugar de Xemil. Con estas obras buscamos mellorar as comunicacións e a calidade de vida dos máis de 4.000 veciños e veciñas destes Concellos que empregan a diario as estradas para os seus desprazamentos, dentro da nosa aposta por unha Deputación social, rural e coas persoas”.

0.19577884674072