A Deputación mellora unha das vías que vertebran o interior do Concello de Barreiros

TerraChaXa | AMariñaXa
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou os traballos realizados na estrada LU-P-0609, no Concello de Barreiros, que contaron cunha achega do Executivo Provincial de 140.
1 1
21 Xan 2019

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou os traballos realizados na estrada LU-P-0609, no Concello de Barreiros, que contaron cunha achega do Executivo Provincial de 140.000 euros. Estes fondos permitiron a renovación do firme nun treito de 5 quilómetros. A estrada dá servizo a parroquia de San Xusto de Cabarcos, na que viven 230 veciños, así como a lugares das parroquias limítrofes, San Xulián de Cabarcos e Vilamartín Pequeno.
Campos Conde remarcou que “as obras permítenlles a preto de 300 veciños achegarse a todos os servizos da Mariña, pois vertebra o interior do concello uníndoo coa Nacional 634, permitíndolles ir ao Hospital da Costa, ao centro médico e ás farmacias, pero tamén opcións de ocio como os cines e tamén a Lourenzá e outras poboacións”.
Os traballos executados, consistentes na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical; realizáronse nos 5 primeiros quilómetros da vía entre Vilamar e o Cruce da Insua.

0.18280696868896