A Deputación ofrece ata final de ano 15 novas actividades de educación ambiental gratuítas

TerraChaXa
O deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magadalena, presentou no Centro de Interpretación Terras do Miño a programación de actividades de educación ambiental que desenvolverá a Deputación durante o último trimestre do ano para difundir as reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
3 Out 2019

O deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magadalena, presentou no Centro de Interpretación Terras do Miño a programación de actividades de educación ambiental que desenvolverá a Deputación durante o último trimestre do ano para difundir as reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Entre os meses de outubro e decembro, o Centro de Interpretación Terras do Miño e os concellos de Cervantes, Becerreá e Navia de Suarna acollerán 15 actividades gratuítas con 390 prazas, entre elas, xornadas sobre o cambio climático, o coidado das plantas, a poda, compostaxe e cociña creativa, ademais de obradoiros de Nadal

A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982.227.813 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.

Centro de interpretación na rúa

O Deputado recordou que tamén continua aberto o prazo para que os colexios da provincia soliciten visitas e actividades organizadas especialmente para escolares no Centro de Interpretación Terras do Miño e para O Centro de Interpretación na Rúa, o programa no que os profesionais imparten os obradoiros nos propios centros educativos. Se os centro están interesados, pode solicitalo no 982.227.813 ou en und.medioambiente@deputacionlugo.org.

Terras do Miño

O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás indicación contraria.

Actividades para adultos

14,15,16,17,18 e 19 de outubro.- Curso de micoloxía. De 19:30 a 21:00 horas dos días 14 ao 18, e o horario práctico o día 19 en horario de 10:00 a 13:30 horas. 100 prazas. Salón de Actos da Deputación Provincial.

26 de outubro.- Curso de cosmética sólida e orgánica. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

16 de outubro.- Comprender o cambio climático para evitalo. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

30 de novembro.- As plantas do noso entorno. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

14 de decembro.- O coidado das plantas do interior da casa. Horario de 10:00  a 14:00 horas. 20 prazas.

21 de decembro.- A poda. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

Actividades para familias

9 de novembro.- Fototrampeo de mamíferos. Horario de 10:00 a 14:00 horas.  20 prazas.

23 de novembro.- Caderno dun naturalista: os bosques da nosa reserva.  Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

Actividades infantís

23,26,27 e 30 de decembro.- Talleres navideños. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 25 prazas.

0.20090889930725