A Deputación pedirá a Fomento que sinalice Burela na A-8

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 sep 2019

Dende o PP de Burela debemos recoñecer a manifestación feita no pleno de onte polo presidente da Deputación, o socialista José Tomé, no senso de darlle traslado ao Ministerio de Fomento da necesidade de que unha vila coma Burela apareza sinalizada na A8 e que se mellore a sinalización, tanto do concello, como do Hospital da Mariña na N-642.

Esta manifestación foi feita como contestación ao rogo trasladado pola voceira popular, Elena Candia, no que expresaba a necesidade de que un municipio coma este debía de estar sinalizado na carteleira da autoestrada.

Neste senso, subliñan que, unha vez máis, quedou demostrado que o alcalde en funcións “lle mentiu aos bureleses, e xa van unhas cantas”. No pleno ordinario de novembro deixou dito, tal e como consta na acta do propio pleno, que a sinalización de Burela na A- 8 “xa se ía facer” polo que non había necesidade de votar a favor da moción presentada polo PP. Tal e como mencionou o Presidente Tomé no pleno de onte da Deputación, “xa se puido ter feito antes” dando a entender que non lle constaba ningunha solicitude a este respecto por parte do concello burelao.

Dende o PP de Burela adiantan que “estaremos vixiantes para confirmar que a solicitude de sinalización chega ata o Ministerio de Fomento. Non vaia a ser que o Sr. Tomé teña a mesma fiabilidade que o seu compañeiro de partido, o Sr. Llano, e a mentira sexa un mal endémico dentro das filas socialistas”.

0.15563297271729