A Deputación promove en Xantar o gran potencial do turismo gastronómico da provincia

TerraChaXa
O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou na inauguración do 20ª Salón Internacional do Turismo Gastronómico 2019 que terá lugar,  do 6 ao 10 de febreiro na capital ourensá, e no que a Deputación terá presenza cun stand propio para promocionar o turismo da provincia a través da gastronomía e dos seus produtos autóctonos de primeira calidade.
xantar 2019
6 Feb 2019

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou na inauguración do 20ª Salón Internacional do Turismo Gastronómico 2019 que terá lugar,  do 6 ao 10 de febreiro na capital ourensá, e no que a Deputación terá presenza cun stand propio para promocionar o turismo da provincia a través da gastronomía e dos seus produtos autóctonos de primeira calidade.

Vidal Baamonde subliñou “Xantar é un escaparate idóneo que reúne a preto de 25.000 visitantes, no que amosar o gran potencial gastronómico da provincia de Lugo. Tres de cada catro españois viaxan motivados pola gastronomía e a nosa riqueza culinaria, a gran calidade dos nosos produtos autóctonos e as numerosas festas gastronómicas da nosa provincia, constitúen unha motivación extraordinaria para que máis turistas gastronómicos realicen escapadas e viaxen pola nosa provincia... E para comer Lugo...”.

Xantar é un importante encontro do sector turístico da comunidade galega, un referente totalmente consolidado para os destinos enogastronómicos máis punteiros. tanto de España como de Portugal. Durante os cinco días que dura o evento, o Goberno da Deputación conta cun stand propio para promocionar os encantos turísticos e a recoñecida e valorada riqueza gastronómica da provincia de Lugo. O venres 8 de febreiro, será o Día da Provincia de Lugo.

Como novidade, en Xantar 2019, a Deputación pon a disposición dos visitantes cinco novos folletos promocionais dos 4 xeodestinos da provincia de Lugo (A Mariña Lucense, Ribeira Sacra, Ancares Courel e Terra Chá), e tamén un especial dedicado á gastronomía lucense.

Os visitantes que se acheguen a este espazo, poderán dispor tamén das novas guías ‘E Para comer Lugo’, presentadas recentemente en FITUR e editadas coa colaboración do organismo provincial.

No stand propio da Deputación ofreceranse degustacións de alimentos típicos lucenses: embutidos de Porco Celta, faba de Lourenzá e viños DO Ribeira Sacra. Ademais, o venres 8 de febreiro, que é o día especial dedicado á provincia de Lugo, todas as persoas que se acheguen a este espazo recibirán un pequeno agasallo.

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico é unha oportunidade única para dar a coñecer Lugo e os seus produtos, pois no evento participan empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, das rexións de España,  Portugal e Brasil o país convidado nesta 20ª edición. Xantar conta cun amplo programa de actividades: showcookings de cociña en directo cos mellores chefs, aulas gastronómicas, catas comentadas, maridaxes, degustacións, conferencias de expertos, presentacións de produtos innovadores…

O Goberno da Deputación achega máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 27 citas gastronómicas nos Concellos da provincia de Lugo, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios na organización deste tipo de eventos, cos que promove os produtos autóctonos e de calidade, ao mesmo tempo que dinamiza a vida no rural, e promove a economía lucense.

Exemplos disto son: a Festa do Mexillón, de Becerreá; a Feira do Bonito, de Burela, a Festa da Empanada e a Feira do Viño, de Chantada; a Festa da Castaña, de Folgoso do Courel; a Feira do Botelo, da Fonsagrada; a Festa do Berberecho, de Foz; a Festa do Pemento de Mougán, de Guitiriz; a Festa da Tenreira Galega, de Láncara; a Festa da Faba, de Lourenzá; a Feira do Queixo, de Monterroso; a Feira do Mel, de Muras; a Festa da Androlla, de Navia de Suarna; a Feira da Empanada e produtos dos Ancares, das Nogais; a Festiulloa no Castelo de Pambre, de Palas de Rei; a Mostra de viños da Ribeira Sacra, de Pantón; a Feira do Queixo, do Cebreiro; a Festa da Augardente, de Portomarín; a Mostra do Aceite, de Quiroga, a Festa da Cereixa, de Ribas de Sil; o Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria; a Feira do Viño de Amandi, en Sober; a Festa do Caldo de Ósos, de Taboada; a Feira do Queixo e a Feira do Capón, de Vilalba; a Festa dos Cogomelos, de Xermade; ou as feiras de produtos das zonas de Baleira e Triacastela.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1713809967041