A Deputación recupera o paseo peonil da rúa Coronel Andrade en Rábade

TerraChaXa
O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, coñeceu de primeira man o resultado dos traballos para a recuperación do paseo peonil no xardín da rúa Coronel Andrade en Rábade, que financiou a Deputación con 14.
1
20 Nov 2018

O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, coñeceu de primeira man o resultado dos traballos para a recuperación do paseo peonil no xardín da rúa Coronel Andrade en Rábade, que financiou a Deputación con 14.000 euros. Fíxoo acompañado do Alcalde, Francisco Fernández Montes, e do tenente alcalde, Alejandro Martínez Campos.

Fernández Queipo subliñou que “dende o Goberno provincial estamos comprometidos coa mellora de infraestruturas na provincia, dentro da nosa aposta por unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas. Ademais, son traballos que beneficiarán aos máis de 400 veciños das proximidades, que poderán desfrutar deste espazo de recreo nunha contorna acondicionada e que melloran considerablemente a súa calidade de vida”.

Os traballos consistiron na reparación do solo e firme do paseo, así como na súa ampliación, co fin de facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida, así como a carriños de bebes. Tamén se executaron melloras na iluminación pública e se instalou unha canle de recollida de auga, co fin de poñer fin aos problemas de acumulación de auga e escorrentía producidos polas choivas, que dificultaban e ensuciaban o acceso ao xardín. Tamén se dotou ao espazo de bancos de madeira e papeleiras.

Fonte pública

As actuacións na contorna do paseo peonil da rúa Coronel Andrade inclúen tamén a instalación de varias válvulas na rede de abastecemento de auga, coa finalidade de, nun futuro, que se poida instalar nun futuro unha fonte pública, como parte do proxecto de remodelación interior do xardín.

0.13924598693848