A Devesa de Friol celebra as festas na honra ao Santo Ecce-Homo o sábado e domingo

A parroquia da Devesa, no concello de Friol, prepárase para vivir un dos eventos máis esperados do ano coas súas tradicionais festas en honra ao Santo Ecce-Homo, que terán lugar os días 13 e 14 de setembro.
O programa festivo dará comezo o sábado 13 cunha misa solemne ás 13:30 horas, á que seguirá a sesión vermú animada polo grupo musical Primera Línea. Pola noite, a verbena contará tamén coa actuación desta formación, encargada de poñer a música e o ambiente festivo na primeira xornada.
O domingo 14 repetiranse os actos relixiosos e festivos, cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú que estará igualmente amenizada polo grupo Primera Línea, protagonista musical das dúas xornadas.
A comisión organizadora destaca a importancia desta cita tanto no ámbito relixioso como no lúdico e quere transmitir os seus mellores desexos á veciñanza e ás persoas que se acheguen á Devesa para gozar das celebracións.