A Diputación investirá máis de 10.000 euros en promocionar o traballo dos ferreiros de Riotorto
A Deputación investirá na promoción do traballo dos ferreiros de Riotoreto un total de 10.500 euros a traves dun convenio firmado entre o ente provincial e a Asocación de Ferreiros de Riotorto.
O convenio foi firmado polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón na Forxa de Viñabella, en Espasande de Abaixo, nun acto no que participaron máis ferreiros deste colectivo como Manuel Alonso Fojaca, Agustín Iglesias Rodríguez e Ángel Villada Moirón.
Con este fondos, os Ferreiros de Riotorto disporán de paneis informativos e explicativos da historia do seu oficio tradicional ou da elaboración dos seus produtos, que se situarán nos seus obradoiros, no municipio riotortense, para unha maior visibilidade. Ademais, contarán cun deseño especial de embalaxe dos seus produtos, cos que promocionar a súa marca. Serán pezas de artesanía feitas de madeira, nas que se comercializarán as súas pezas de ferro.
Esta nova achega de 10.500 euros, engádense aos 20.000 euros que o Goberno Provincial destina anualmente á Feira do Ferro, convertendo á Deputación na principal patrocinadora desta cita. Outra das colaboracións do organismo provincial con estes profesionais consiste no documental que se está a realizar a custe cero dende a TIC.
Trátase dun traballo audiovisual que recolle as testemuñas dos ferreiros de Riotorto sobre a historio do seu oficio, experiencias, traxectoria, técnicas de traballo, elaboración das pezas... entre outros aspectos, co que se busca darlles unha maior promoción e a posta en valor do seu traballo.