A Ecomarcha ciclista de Ecoloxistas en Acción fará parada na Terra Chá para rematar en Lugo
Aínda está aberta a inscrición para participar na Ecomarcha ciclista de Ecoloxistas en Acción que recorrerá Galicia desde o 9 ata o 24 de xullo, con saída en Pontevedra e remate en Lugo.
Aos ciclistas galegas sumaranse ecoloxistas sobre rodas de todo o Estado español para compoñer un pelotón verde que durante 15 días irá visitando lugares ambientalmente agredidos para apoiar aos colectivos veciñais que loitan pola súa recuperacióne o cese do desastre ecolóxico.
Desde Pontevedra a Lugo, a Ecomarcha se sumará a demanda social de Ence fóra da Ría para denunciar os perniciosos efectos para os bosques galegos que acarrea a eucaliptización porvocada pola pranta de celulosa máis grande de Europa. Nas minas de San Finx, en Lousame, as ecolociclistas seran testemuñas da grave ameaza desta explotación mineira, cuxa reactivación pon en perigo a Rede Natura da contorna, a toda unha ría enteira, Muros-Noia, e ao modo de vida tradicional de centos de familias mariscadoras e marñeiras.
Tamén visitarán humidais como os da Terra Chá e outros espazos de valor ambiental que están en grave risco debido a un modelo eólico "que converteu Galicia nun gran negocio para o oligopólio enerxético".
O día do Carmen a Ecomarcha rendirá en Camariñas unha lembranza á catástrofe ambiental provocada polo Prestigie escoitando aos que sufriron de preto o desastre ocurrido fai 20 anos.
“Percorremos diferentes camiños de Santiago, a Costa da Morte e outras comarcas e coñeceremos as suas xentes, mais, sobre todo, estaremos a facer un Camiño para que unha terra como a Galiza non lastímese nunca máis e valórese e protéxase sempre máis!” sinalan desde Ecoloxistas en Acción Galiza.
O roteiro chegará á Terra Chá no seu día 13 de percorrido para rematar ao día seguinte de camiño a Lugo, onde finalizará.