Mar Hermida renuncia á acta de concelleira do BNG en Xermade
TerraChaXa
Mar Hermida abandona a súa acta de concelleira do BNG en Xermade.
12 Oct 2017
Mar Hermida abandona a súa acta de concelleira do BNG en Xermade.
Por motivos familiares, a nacionalista explica que "non me queda tempo para facer o traballo de concelleira como a min me gustaría". Con todo, avanza que "isto só é unha despedida como concelleira. Paso a un segundo plano, pero seguirei traballando, apoiando e amosándolle o que apredín aos meus compañeiros que van continuar o labor e estou segura de que estarán a moita máis altura da que eu estiven".