A EMMeD de Ribadeo organiza unha xornada de portas abertas
TerraChaXa | AMariñaXa
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o mércores, 26 de xuño, unha xornada de portas abertas, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
26 Jun 2019
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o mércores, 26 de xuño, unha xornada de portas abertas, en horario de 17:00 a 19:00 horas. O profesorado explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades en Música e movemento para nenas e nenos nados entre os anos 2015 e 2012. Danza, desde os 4 anos (ano 2015) en diante e Práctica instrumental, desde os 8 anos (nados en 2011) en diante.
O responsable da EMMeD, Hugo García, anima a acudir a esta xornada de portas abertas: “aproveita esta oportunidade para probar de balde”.