A entrega de premios serviu de colofón ao Festival de Pardiñas

TerraChaXa
O acto celebrouse na última xornada do festival, organizado pola Asociación Xermolos
festival-de-musica-pardinas-entrega-de-premios
Festival de Pardiñas
5 Ago 2024

A deputada de Cultura Iria Castro entregou os premios do Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil, unha das iniciativas de fomento da creación artística que se desenvolven arredor do Festival de Pardiñas.

O acto celebrouse na última xornada do festival - Feira e Festa da Música e da Arte -, organizado pola Asociación Xermolos, que encheu de música, baile e bo ambiente o campo da feira de Parga, en Guitiriz, con concertos de grupos e músicos de Galiza, Bretaña, Portugal, Bélxica, Francia ou Cuba, obradoiros, recitais, proxeccións e deporte popular.

A XXXI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional promovida pola Asociación de Gaiteiros Galegos e unha Mostra de Artesanía completaron o recinto do festival, que contou un ano máis coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

0.039354085922241