A escola de baile das Pontes organiza unha gala benéfica este sábado

TerraChaXa
Esta iniciativa busca recadar fondos para a asociación Miradas que Hablan, para a investigación do Síndrome de Duplicación Mecp2
gala-benefica-as-pontes
9 Dec 2024

O Auditorio Municipal Cine Alovi, nas Pontes, será o escenario da gala benéfica A Viaxe, organizada pola Escola Municipal de Baile Moderno, Danza Clásica e Flamenco. O evento terá lugar o sábado 14 de decembro de 2024 con tres pases: ás 16:30, 18:00 e 20:30 horas.

Esta iniciativa busca recadar fondos para a asociación Miradas que Hablan, que destina os recursos á investigación do Síndrome de Duplicación Mecp2, unha rara enfermidade xenética. A gala conta tamén co respaldo do Hospital Sant Joan de Déu de Barcelona.

As entradas, cun prezo de 5 euros como donativo, estarán dispoñibles na taquilla do Auditorio Municipal Cine Alovi. Poderán adquirirse o venres 13 de decembro, de 17:00 a 19:30 horas, e o sábado 14 de decembro, de 12:00 a 13:30 horas. Cada persoa poderá retirar un máximo de 4 entradas. Ademais, habilitouse unha "fila 0" para aqueles que desexen colaborar sen asistir ao evento.

O Concello das Pontes anima á veciñanza a participar nesta cita solidaria que combina arte e compromiso social para apoiar a investigación dunha causa tan necesaria.

0.16583395004272