A escola de minitalentos da Academia A Mariña continúa en agosto con éxito de participación

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Ago 2019

A escola de minitalentos da Academia A Mariña continúa en agosto tras o éxito conseguido en xullo. Dende a dirección ven a necesidade dos pais de poder conciliar coa súa vida laboral, por iso o horario é de 8 a 15 horas. 

O centro cre no talento dos nenos e confían en que o verán non sexa só para teléfonos e tabletas, senón tamén para reforzar a lectura e fomentar a creatividade, con programas de intelixencia comunicativa e emocional.

E destacan que son pioneiros en Galicia no uso de programas de intelixencias múltiples para fomentar a autonomía e o desenvolvementos dos cativos.

A escola acadou a séptima edición este ano e nela participan nenos de idades comprendidas entre os tres e os sete, na escola A e de oito a 13 anos na escola B, onde realizan actividades de reforzo do aprendido durante o colexio, entre outras técnicas como as de expresión corporal.

 

1.4078509807587