A Escola de Movemento de Vilalba afronta un intenso calendario competitivo con probas nacionais e internacionais

A Escola de Movemento inicia a etapa máis esixente do curso coa posta en marcha do seu Equipo de Competición 2026, que afrontará nas vindeiras semanas un completo calendario de exames, concursos e eventos de gran nivel. A primeira cita terá lugar do 27 ao 29 de febreiro, cando un grupo de alumnas se desprazará a Madrid para presentarse aos exames oficiais de Danza. Luz C., Sara D., Lara F., Tamara L., Olivia L., Carlota O., Adriana R., Sabela V. e Minia V. terán a oportunidade de demostrar o traballo desenvolvido ao longo do curso.
Poucas semanas despois, do 20 ao 22 de marzo, celebrarase a primeira fase do Concurso Nacional de Danza, na que a Escola de Movemento participará cos grupos Gold e Diversity, ademais da bailarina Blanca L.
Nesta primeira fase do concurso, a Escola de Movemento presentará catro coreografías: Panorama Diversity, a cargo do Equipo Diversity; The Crappshooter e Marcho que teño que marchar, interpretadas polo Equipo Gold; e Jailhouse Rock, defendida por Blanca L.
O Equipo de Competición Clasificatorio para o Mundial está composto por un total de 92 nenas, nenos e rapazas, responsables de dar vida ás 19 coreografías que a Escola de Movemento presentará no Clasificatorio para o Mundial 2026. Este evento celebrarase de novo en Burgos do 27 ao 29 de marzo e reunirá máis de 1.500 coreografías. A competición desenvolverase de forma ininterrompida desde as 9.00 ata as 22.00 horas, con dous escenarios funcionando de maneira simultánea. A escola participará en distintas categorías —Mini, Children, Junior e Senior— e en modalidades como ballet, lírico, jazz, contemporáneo, acrodance, showdance, comercial, hip hop e danza nacional.
O calendario continuará o 30 de marzo, cando as 20 rapazas e un rapaz que superaron a audición para bailar en Disney partirán desde Oporto cara a París. Alí participarán, a partir do 2 de abril, no espectáculo Encanto, para o que levan meses preparándose.
Como broche final ao curso, no mes de maio celebrarase a XI Mostra de Danza Belinda Paz, un evento xa consolidado que servirá para poñer en valor o traballo artístico e formativo desenvolvido pola Escola de Movemento ao longo do ano.
Listado de coreografías que presentan
1. Categoría Mini- Modalidade Showdance: Better when I´m dancing Interpretada por 17 nenas e nenos de 5 a 9 anos
2. Categoría Mini - Modalidade Comercial Dance: Feitiñ@s. Interpretada por 21 nenas e nenos de 5 a 9 anos.
3. Categoría Mini - Modalidade Lyrical Dance: Eu lévote dentro, ata a raíz. Interpretada por 12 nenas e nenos de 7 e 9 anos.
4. Categoría Mini- Modalidade Acro Dance: Lollipop. Interpretada por 11 nenas e nenos de 4 a 9 anos. 4
5. Categoría Children - Modalidade Acro Dance: La Gozadera. Interpretada por 20 nenas e nenos de 7 a 13 anos.
6. Categoría Children - Modalidade Comercial Dance: Rabud@s. Interpretada por 26 nenas e nenos de 8 a 13 anos.
7. Categoría Children - Modalidade Showdance: un regalo mágico. Interpretada por 26 nenas e nenos de 8 a 13 anos.
8. Categoría Children - Modalidade Lirical Dance: Mi encanto. Interpretada por 26 nenas e nenos de 8 a 13 anos.
9. Categoría Children - Modalidade Contemporary Dance: O peso do silenzo. Interpretada por 13 nenas e nenos de 10 a 13 anos.
10. Categoría Children - Modalidade Contemporary Jazz: Jailrockhouse. Interpretada por 13 nenas e nenos de 10 a 13 anos.
11. Modalidade Children - Categoría Ballet: Dos oruguitas. Interpretada por 6 nenas de 9 a 13 anos.
12. Categoría Júnior - Modalidade Acro Dance: María. Interpretada por 24 nenas e rapazas de 6 a 17 anos.
13. Categoría Júnior - Modalidade Show Dance: The Greatest Showman. Interpretada por 20 rapazas de 13 a 17 anos.
14. Categoría Júnior - Modalidade Hiphop: Fale Entao. Interpretada por 11 nenas e nenos de 10 a 17 anos.
15. Categoría Júnior - Modalidade National Dance: Consuelo de Muiñeira. Interpretada por 8 nenas e nenos de 13 a 17 anos.
16. Categoría Sénior - Modalidade Acro Dance: La familia Madrigal. Interpretada por 23 nenas e rapazas de 10 a 23 anos. 5
17. Categoría Sénior - Modalidade Comercial: Afoutas. Interpretada por 23 nenas e rapazas de 10 a 23 anos.
18. Categoría Sénior - Modalidade National Dance: Raíces a elas. Interpretada por 17 nenas e rapazas de 8 a 23 anos.
19. Categoría Sénior - Modalidade Classical Dance: Solo de Carla Mosteiro.