A Escola de Movemento de Vilalba presenta as coreografías para o clasificatorio 2020
A Escola de Movemento de Vilalba, xa ten listo o Equipo de Competición 2020 e as coreografías, tal e como representarán á Escola no Clasificatorio que se levará a cabo en Burgos do 16 ao 19 de abril de 2020.
Serán 4 intensos días cun horario contínuo dente as 8 ata ás 10 horas onde compartirán escenario con 168 Escolas de Danza.
Desta volta serán moitos bailaríns, de 4 a 22 anos, os encargados de representar a Escola nas diferentes categorías coas súas diferentes e variadas coreografías, que serán un total de 16 coreografías
Así, na categoria mini, nenos de 4 a 9 anos, farán na modalidade hiphop Baila como el dinosaurio, na acro We will rock you, na national Antroido, na ballet Dinosaurus, e na modalidade jazz faran Me duela la cara de ser tan guap@. Tamén na mini pero esta vez nenos de 6 a 9 anos, bailarán na modalidade comercial Lacasitos.
Na categoría children, que son nenos de 8 a 12 anos, bailarán na modalidade jazz Coco, na acro Faldas do mar, e na comercial All day. Na modalidade national de 4 a 12 anos, bailarán Penlas, e na modalidade ballet neoclásico, de 9 a 12 anos, Remember me.
Na junior de 11 a 14 anos bailarán Madre tierra; na super mini, de 4 a 5 anos, e na modalidade acro farán Walk like the dinosaur; na
Na categoría senior, de 4 a 22 anos., modalidade acro bailarán The lion king, e na national de 11 a 22 anos Pandereteiras