A Escola de Movemento de Vilalba sumou sete medallas na clasificatoria do Mundial de Danza
A Escola de Movemento de Vilalba sumou sete medallas máis na fase clasificatoria para o Mundial de Danza, que este ano se disputou en Burgos.
A coordinadora da escola, Noelia Branco, está "moi feliz" despois da gran competición na que se enforntaron máis de 2.000 bailarines de España, Francia e Andorra.
Entre as doce coreografías presentadas pola escola vilalbesa, houbo dúas moi ben puntuadas, Aquí vén ou maio sacou un gran sorriso ao xurado cos seus ritmos, mentres que Osito gominola fíxose co ansiado ouro.
Tamén houbo tres pratas para Redeiras, Súper heroes e Súper-Mini-Heroes, que ademais da medalla leváronse un gran aplauso do xurado ao ser os máis novos da competición.
A estes resultados sumáronse os bronces obtidos con Wild Dance e A Carolina, ademais dos cuartos postos con Lets get loud e A chico yeyé. Tómbola situouse como quinta clasificada, o trío Unha volta e un poema foi sexto e Nin unha máis foi sétima.
Noelia Branco, confirmou que polo menos as dúas coreografías que se levaron o ouro irán ao Mundial que se celebrará do 27 xuño ao 8 de xullo en Braga, Portugal. "O xurado outorga cinco excepcións entre as pratas de todas as modalidades. Despois de Semana Santa saberemos se algunha coreo máis entra no equipo, dixo a coordinadora.