A escola de música da Pontenova abre o prazo de matrícula
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A escola de música da Pontenova vén de abrir o prazo de matrícula que rematará o día 30 de xuño, ou o 1 de setembro se aínda quedan prazas libres.
19 Xuño 2020
A escola de música da Pontenova vén de abrir o prazo de matrícula que rematará o día 30 de xuño, ou o 1 de setembro se aínda quedan prazas libres.
O horario para formalizar dita matrícula é polas mañás, e as materias son linguaxe musical, armonía e conxunto instrumental, acordeón, gaita, percusión, guitarra, baixo, piano, canto coral e canto pop e rock.
O prezo por materia é de 20 euros excepto en coro que son 12, e ademais haberá reduccións no caso de matricularse en máis dunha materia ou máis dun memebro da familia.