A Escola de Música de Guitiriz quere crear unha aula de música en Parga

TerraChaXa
Celebra hoxe unha xornada de portas abertas mentres mantén aberta a matrícula
actos-escola-de-musica-guitiriz
Carteis
17 Xuño 2024

A Escola de Música Municipal celebra esta semana unha serie de actividades para dar a coñecer o seu traballo entre a veciñanza. Así, hoxe, luns 17 de xuño, a partir das 17:00 horas, haberá unha xornada de portas abertas na Aula da Banda da Escola.

Ademais, o martes 18, ás 18:30 horas, terá lugar unha reunión no CEIP Santo Estevo de Parga obxectivo de crear alí unha nova Aula de Música para o curso 2024/2025.

Por outra banda, a Escola ten aberto o prazo de renovación de praza para o curso 2024/2025. Contan con formación sobre iniciación musical (de 3 a 7 anos), instrumento e linguaxe musical (a partir dos 8), banda municipal, agrupación moerna, grupo de gaitas e agrupación para adultos.

O tempo para facelo prolongarase ata o 28 de xuño. As persoas que desexen máis información poden contactar de forma presencialmente no Rexistro ou a través da sede electrónica.

0.11051297187805