A Escola de Música de Guitiriz volve abrir un novo prazo de inscrición para as vacantes
A Escola de Música Municipal de Guitiriz volve a abrir o prazo de matrícula para cubrir as prazas que quedaron vacantes. Será a partir de hoxe luns 14 de outubro, e estará aberto ata o venres, 18 de outubro.
En total quedan prazas vacantes en catro modalidades diferentes. Hai unha vacante en percusión, que será os mércores ás 18:30 horas; unha praza en vento metal (trompeta, trombón ou tuba), que será os luns ás 18:45 horas; unha praza en vento madeira (saxofón ou frauta), que será os xoves ás 19:30 horas; e en iniciación á música, que non ten límite de prazas.
Pódese solicitar máis información no rexistro do Concello, onde tamén se farán as inscricións, que unicamente se poden formalizar de xeito presencial.
A solicitude de matrícula está dispoñible na páxina web municipal (www.concellodeguitiriz.com), onde se pode descargar para cubrir cos datos requiridos.